InicioDeportesConcello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a reforma da bancada de Gol do estadio municipal do Balaídos, cuxo importe ascende a 26,3 millóns de euros e que ten un prazo de execución de 29 meses.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, ambas as institucións cofinanciarán, ao 50 %, as obras, e a administración municipal “está xa coa licitación”. A actuación permitirá gañar algo máis de 2.000 asentos para ampliar o aforamento, e do mesmo xeito que na bancada de Marcador, achegaranse os asentos ao terreo de xogo. A obra inclúe a instalación de 6 escaleiras e 8 ascensores.

Así mesmo, segundo explicou Caballero, tamén se construirá un novo tanque de augas pluviais e actuarase na fachada de tribuna para cubrir parte da fronte cun espazo porticado. A iso sumarase a ‘humanización’ das rúas Val Miñor, Pablo Iglesias e Olímpicos.

ÚLTIMAS

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...