InicioSociedadeCaballero afea que a Xunta non citou o AVE a Vigo na...

Caballero afea que a Xunta non citou o AVE a Vigo na súa carta a Puente

Advertiu de que o Goberno de España garante esa conexión "sen a ignominia e a humillación de ter que dar a volta por Santiago".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este martes que a Xunta de Galicia deixou “fóra” da carta remitida ao ministro Óscar Puente a conexión de AVE directo entre Vigo e Madrid por Cerdedo, e advertiu de que o Goberno de España garante esa conexión “sen a ignominia e a humillación de ter que dar a volta por Santiago”.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico subliñou que o goberno galego mantén “a súa oposición frontal” a que Vigo conte con esta conexión ferroviaria, xa que na súa carta fala das prioridades que ten Galicia “e non din nin unha palabra do Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo”.

Segundo rememorou Abel Caballero, “en 2002 foi Fraga, a partir de 2012 foron Rajoy, Feijóo e Ana Pastor, e agora Rueda” volve deixar “fose” o AVE directo a Vigo. “Porque queren que vaiamos por Santiago, dando unha volta de máis de tres cuartos de hora e atrasando máis de 100 quilómetros”, engadiu.

“Seguen coa inquina contra a cidade e, unha vez que Óscar Puente me dixo ‘adiante co AVE por Cerdedo’, vai a Xunta e non o coloca nas súas prioridades, á primeira cidade de Galicia, a maior xeradora de viaxes”, proclamou.

Con todo, o alcalde de Vigo advertiu ao goberno autonómico de que o seu é un “van empeño”, porque o Goberno de Pedro Sánchez “garante que Vigo terá AVE por Cerdedo, sen a ignominia e a humillación de ter que dar a volta por Santiago”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...