InicioVigo e contornaVigoVigo licitará un informe que permita coñecer se hai zonas con aluguer...

Vigo licitará un informe que permita coñecer se hai zonas con aluguer tensionado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello licitará un estudo para coñecer se hai zonas con aluguer tensionado na cidade.

“Vigo, con este informe xa encargado, velará para que haxa prezos accesibles para os mozos e para as persoas vulnerables”, reivindicou Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación.

O rexedor aproveitou para volver cargar contra a Xunta de Galicia, dicindo que “non se fai cargo da situación”, a pesar de que é o Goberno galego quen teñen as competencias en materia de vivenda.

HOSPITAL A BORDO

Por outra banda, Abel Caballero este martes visitou o Hospital Vithas Vigo, onde a dirección do centro fíxolle un simulacro do servizo de “hospital a bordo”, que xa está operativo para unha trintena de embarcacións.

Con esta ferramenta, as tripulacións que faenan en alto mar teñen ao seu alcance un servizo de urxencias xerais e con especialistas médicos, así como consultas e mesmo seguimento de pacientes con hospitalización a bordo.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...