InicioSociedadeO aeroporto de Peinador suspende a súa actividade este luns ara finais...

O aeroporto de Peinador suspende a súa actividade este luns ara finais de mes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do próximo luns, día 6 de maio, a actividade debido ás obras de remodelación da pista. O alcalde da cidade, Abel Caballero, lembrou este sábado que o Goberno de España destina un total de 23 millóns de euros a esta actuación, que suporá “practicamente facer unha pista nova”. Ademais, a finais de mes está previsto que o aeroporto volva estar en funcionamento.

En declaracións difundidas aos medios, o rexedor destacou que a cidade segue tendo unha ocupación e un turismo “magnífico”. “A ocupación no aeroporto de Vigo foi do 78,63 no mes de abril. É o mellor mes en todo o ano”, destacou Abel Caballero, que dixo que “se mantén con respecto ao ano pasado” a pesar de que este ano a Semana Santa foi en marzo.

Para o rexedor, trátase de “un salto moi importante do nivel de ocupación no aeroporto de Vigo”. Ademais, puxo en valor que a ocupación da ruta a Barcelona sitúase no 90%; a liña con Mallorca, nun 92%; Tenerife Norte, nun 80%; Madrid, case o 80%; e Londres o 75%.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...