InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo fala de decisión técnica sobre a paralización da...

O Concello de Vigo fala de decisión técnica sobre a paralización da talla da Falperra e non de presión veciñal

Desde o goberno local insistiron desde o goberno municipal, "é completamente falso que os veciños ou o Seprona paralizasen esta actuación, senón que foi unha decisión dos técnicos municipais"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo remitiu este xoves un comunicado aos medios no que asegura que a paralización da talla prevista no noiro da rúa Falperra foi unha decisión dos técnicos de Parques e Xardíns, e non consecuencia da presión dos veciños, que se concentraron na zona para evitar a actuación.

Segundo fontes municipais, os técnicos acudiron á zona “para comprobar o estado da masa arbórea” e “unha vez alí, tomaron a decisión de manter temporalmente os exemplares nese espazo ante a posibilidade de que existan niños de aves, ao estar no período natural de nidificación”.

Por tanto, insistiron desde o goberno municipal, “é completamente falso que os veciños ou o Seprona paralizasen esta actuación, senón que foi unha decisión dos técnicos municipais”.

Así mesmo, o Concello lembrou que “existen informes previos” que recomendan a eliminación de especies invasoras que axudan a propagar o lume e pon en risco a seguridade, como é o caso das acacias negras que hai no noiro de Falperra. “En todo caso, o Concello xa solicitou un novo informe que certifique a situación actual desa masa arbórea”, conclúe o comunicado.

Con todo, a actuación dos operarios municipais nese noiro xa fora avanzada polo Concello, que alegou esas razóns de seguridade. De feito, a Policía Local cortou o tráfico nesa rúa na mañá deste xoves e na zona había valos con letreiros que advertían do corte para proceder a labores de talla e poda, segundo confirmaron testemuñas a Europa Press.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...