InicioSociedadeA defensa do condenado por matar a súa veciña pide a súa...

A defensa do condenado por matar a súa veciña pide a súa absolución por trastorno mental transitorio

Os feitos sucederon no edificio da rúa Zamora, en outubro de 2022,

PUBLICADO O

- Advertisement -

A defensa do home condenado a 20 anos de prisión polo asasinato dunha veciña nun edificio da rúa Zamora en Vigo, en outubro de 2022, solicitou que se aplique a eximente de trastorno mental transitorio por considerar que o procesado “non era dono dos seus actos cando se cometeron os feitos”. Así mesmo, pediu a anulación da agravante de ensañamiento debido a que “non existen as circunstancias que require a xurisprudencia”.

Así o manifestou na vista de apelación celebrada este luns no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O letrado sinalou que “o móbil do crime non existe nin ten lóxica” xa que o condenado no momento dos feitos “non era consciente dos seus actos”. Solicita, por iso, que se revogue a condena e pide a libre absolución do seu defendido.

Doutra banda, considera que, en todo caso, aplicando a nulidade da agravante de ensañamiento, “cando menos reduciríase a pena a 15 anos de prisión”. Fronte a iso, Fiscalía e acusación particular pediron que se manteña a pena de 20 anos de prisión que ditou a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

ENSAÑAMENTO, SEGUNDO O FISCAL

O fiscal sinalou que a circunstancia de ensañamento “é correcta” porque a muller “non morreu no acto”. As tres coiteladas que recibiu “non perseguían simplemente a morte senón unha sorte de castigo doloroso derivado da relación entre o acusado e a vítima, polo simple pracer de tentar facer dano”.

A segunda puñalada, segundo concretou, “foi mortal e aínda houbo unha terceira que lle causou sufrimento na que atopamos a circunstancia de ensañamiento”. Por iso, recalcou que a decisión do xurado está “perfectamente formulada e é totalmente defendible”.

Na mesma liña, a acusación particular considerou que a sentenza está “perfectamente argumentada polo xurado popular e posteriormente polo Tribunal”. “Cremos que non vai haber ningún cambio e vaise a repetir a sentenza”, dixo.

En canto a que o condenado puidese padecer algunha unha alteración psíquica, o letrado insistiu en que “estaba nos seus cabais”. “Así o dixeron os peritos nun informe fantasticamente argumentado” durante a proba, lembrou.

FEITOS

Na sentenza, o acusado foi considerado culpable dun asasinato con aleivosía e ensañamiento (unha agravante que a Fiscalía non contemplou inicialmente pero, tras o pronunciamento do xurado, elevou de 18 a 20 anos de cárcere a súa petición pena). O xurado non considerou probado que actuase afectado por unha alteración psíquica.

En base a ese veredicto, o tribunal provincial condenou ao acusado á pena de 20 anos de prisión e na súa sentenza viu acreditado que o procesado tiña “problemas de convivencia” coa súa veciña debido aos ruídos que, segundo o home, facía ela.

O día dos feitos, 23 de outubro de 2022, ambos tiveron un “encontrón” no exterior do edificio e a muller espetoulle “vaiche á merda”. A continuación, o condenado subiu ao seu piso e alí esperou, mentres vixiaba pola mirilla, a que ela chegase á súa casa, dúas portas máis aló.

Uns 40 minutos despois, a vítima dirixiuse á súa porta. Cando estaba a abrir, o acusado achegóuselle por detrás e atacouna por detrás, de maneira sorpresiva, cun coitelo, causándolle tres feridas (dous delas mortais) sen que ela puidese reaccionar ou defenderse.

Na sentenza da Audiencia, o maxistrado sinala que, ademais da aleivosía, o acusado actuou con intención de agravar o sufrimento da vítima, é dicir, con ensañamiento, e que “a forza do ataque foi tal, que o mango do coitelo rompeu e a folla quedou dentro do corpo da vítima”.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Tres persoas feridas nun choque frontolateral entre dous vehículos en Vigo

Tres persoas resultaron feridas leves na mañá deste martes tras rexistrarse unha colisión frontolateral...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...