InicioPolíticaCaballero celebra a continuidade de Sánchez e pide acabar cos "mentireiros e...

Caballero celebra a continuidade de Sánchez e pide acabar cos “mentireiros e calumniadores”

O alcalde de Vigo cre que xa non se poderá calumniar "e que non pase nada".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns a decisión de Pedro Sánchez, de permanecer á fronte do Goberno, e constatou que o presidente, con esa decisión, “acantoa e pon en evidencia aos calumniadores”, e que “a democracia se abriu paso unha vez máis”.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívíco proclamou que Sánchez, “hoxe acantoou ao peor da política”, ao pór en evidencia “aos calumniadores, aos que utilizan o ‘fake’ como arma política, aos que tentan destruír, mesmo mental e civilmente ao adversario”.

Segundo Abel Caballero, “hoxe volve valer a pena estar en política”, para traballar “pola xente”, para defender ao país, “para que España creza. “As mentiras e calumnias quedan para os mentireiros e calumniadores”, sinalou, pero lanzou unha advertencia: “A partir de agora xa non se vai a poder calumniar e que non pase nada, agora pasarán cousas”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...