InicioSucesosEncontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking próximo á praia de Samil de Vigo.

Segundo fontes coñecedoras da investigación consultadas por Europa Press, foi na mañá deste martes cando un viandante alertou ás autoridades da presenza desta muller no vehículo.

Ao parecer, xa este luns o informante a vira no mesmo lugar, polo que hoxe decidiu dar a chamada de alarma.

Con todo, as mesmas fontes indicaron que, por agora, non se atoparon signos de violencia no corpo, explicando que unha das principais hipóteses coas que se traballa é que a muller decidise sacarse a vida voluntariamente.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...