InicioSociedadePSOE e BNG de Vigo censuran a ausencia de conselleiros vigueses no...

PSOE e BNG de Vigo censuran a ausencia de conselleiros vigueses no novo goberno autonómico

Para eles evidencia o "abandono" da cidade olívica por parte da Xunta e o escaso peso político do PP local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As agrupacións locais de PSOE e BNG en Vigo criticaron este luns a ausencia de conselleiros ou conselleiras vigueses no novo goberno autonómico que se deu a coñecer nas últimas horas, o que evidencia o “abandono” da cidade olívica por parte da Xunta e o escaso peso político do PP local.

Así o trasladou a concelleira e deputada autonómica socialista Elena Espinosa, quen lamentou que “unha vez máis, non hai nin conselleiros nin conselleiras de Vigo” no goberno de Galicia. “Rueda volve desprezar á cidade, e mesmo converte en irrelevante ao PP de Vigo”, subliñou, á vez que destacou que os socialistas xa o advertiron “”.

Mentres, o BNG criticou que a configuración da nova Xunta demostra que o PP “non ten nada que ofrecer ao país” máis aló da “inercia e o continuísmo”, e que manterá a súa “política de abandono” cara a Vigo.

“Está claro que o feito de que non haxa ningún conselleiro ou conselleira de Vigo é a resposta de Rueda á derrota inconstestable que cultivaron na nosa cidade nas eleccións do pasado 18 de febreiro”, sinalou en redes sociais o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Iglesias, que lembrou que o BNG foi a primeira forza en Vigo neses comicios.

Así mesmo, incidiu en que tamén se demostra o “nulo peso político” do PP vigués, “descabezado e sen ningún proxecto para a cidade”, máis aló de ser “obediente máquina, eco da propaganda” da Xunta. “O que necesitan Vigo e Galicia non son cambios de caras nin intercambio de cromos entre consellerías, senón un cambio de fondo nas políticas”, engadiu.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...