InicioPolíticaO PP critica a Regades por non apoiar o centro de FP:...

O PP critica a Regades por non apoiar o centro de FP: “Un despacho de 5 millóns para el si que lle parece ben”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz popular, Elena Muñoz, vén de anunciar este venres que o grupo municipal popular pedirá o apoio da Corporación Municipal ao centro de innovación tecnolóxica e emprendemento en Formación Profesional, mediante unha moción que presentarán no próximo pleno. “É un proxecto de cidade, de futuro, importantísimo para Vigo, e por iso queremos que se apoie”, destacou.

A popular sinalou que é crucial para Vigo “non deixar escapar esta oportunidade, tanto para as empresas como para os mozos vigueses e galegos”, que coa apertura deste campus terían “unha oportunidade extraordinaria de ter a máxima cualificación para poder traballar no noso sector empresarial”.

“Por este motivo, e ante a importancia do proxecto, imos seguir esixindo que se manteña a súa creación”, resaltou a popular, quen criticou as escusas argumentadas polo delegado por “incoherentes” e preguntoulle “por que 5 millóns para un despacho para el no centro ou un carril bici que anunciou si lle parece ben, e un proxecto dirixido a reter talento e formar a traballadores, non”.

Caballero, Silva e Regades na inauguración do aparcadoiro do Cunqueiro/ Miguel Núñez

Elena Muñoz lamentou que se poña en risco un “centro pioneiro e de excelencia” polo “desmarque” da ZFV á hora de materializalo. “Este campus poñería a Vigo no mapa e faría que fose unha cidade pioneira en España”, incidiu, destacando que o proxecto axudaría a integrar a todos os centros de formación profesional.

Neste marco, a líder dos populares sinalou que, en caso de non materializarse a iniciativa, supoñería “unha perdida extraordinaria para Vigo”, motivo polo que volveu a insistir a ZFV para que rectifique a súa posición e volva poñer o proxecto “encima da mesa”. Algo que, como expón, permitiría “reter o talento e formar profesionais capacitados para atender as necesidades do noso tecido empresarial”.

Elena Muñoz destacou que o “principal responsable” de que este proxecto se perda é o alcalde de Vigo e a súa “confrontación política estéril” contra a Xunta de Galicia co único obxectivo de obter rendibilidade política.

“É unha decisión política ordenada polo alcalde, que xa está en campaña cre que isto lle pode achegar votos, pero a realidade é que así a única que sae perdendo é a cidade de Vigo”, lamentou, apuntando que Vigo segue perdendo peso empresarial “ano tras ano” e que mostra un claro declive, “non porque o diga o PP, senón porque os datos corrobóranos”.

A popular sinalou que Caballero está “obsesionado coas eleccións” e que para cada solución que buscan outras administracións, “el busca un problema”. “O que pensa é que canto peor nos vaia aos vigueses, a el vaille mellor”, criticou, mostrando o seu rexeitamento absoluto á forma de facer política do rexedor local, na que busca “enfrontarse a todos, e a todo, soamente coa intención de conseguir titulares”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...