InicioSucesosEn liberdade Vidal Padín e outras cinco persoas detidas pola súa suposta...

En liberdade Vidal Padín e outras cinco persoas detidas pola súa suposta vinculación co narcosubmarino ‘Poseidón’

O xulgado de Vilagarcía acordou a súa posta en liberdade, coa obrigación de comparecer en sede xudicial cada 15 días, e está investigado por un presunto delito de contrabando

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa acordou a posta en liberdade de Juan Vidal Padín, alias ‘O Burro’, que foi detido esta semana xunto a outro cinco persoas, pola súa presunta vinculación co narcosubmarino ‘Poseidón’, achado fronte ás costas de Vilaxoán en marzo do ano pasado.

No marco deste operativo policial, desenvolvido por Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira, foron detidas seis persoas, entre elas ‘O Burro’, que leva anos baixo o foco policial pola súa presunta relación con actividades de narcotráfico e branqueo, aínda que nunca fora arrestado.

Dos detidos, catro quedaron libres en sede policial e dúas pasaron a disposición xudicial: Vidal Padín e un home de nacionalidade colombiana que foi arrestado en Forteventura.

No caso de Padín, o xulgado de Vilagarcía acordou a súa posta en liberdade, coa obrigación de comparecer en sede xudicial cada 15 días, e está investigado por un presunto delito de contrabando. Con respecto ao cidadán colombiano, o xulgado de garda de Fuerteventura tamén acordou a súa posta en liberdade, investigado por un suposto delito de tráfico de drogas.

Esta persoa acolleuse ao seu dereito a non declarar e, ao non interesar a prisión a Fiscalía, quedou libre, tamén coa obrigación de comparecer quincenalmente, e retirada do pasaporte. Ademais, a xuíza acordou inhibirse en favor do xulgado arousán.

OPERATIVO POLICIAL

O operativo policial foi froito das investigacións iniciadas fai máis dun ano, cando se localizou a unha milla da costa arousá un batiscafo de fabricación artesanal, bautizado como ‘Poseidón’. O narcosubmarino foi recuperado e trasladado a terra, onde se confirmou que estaba baleiro, aínda que os investigadores apuntaron no seu momento que ten capacidade para transportar uns 5.000 quilos de cocaína.

Así mesmo, as forzas policiais relacionaron ese achado coa aparición, unhas semanas antes, de dúas planadoras varadas nas costas de Ribeira.

Na actuación levada a cabo esta semana por parte de Policía, Garda Civil e SVA, realizáronse varios rexistros, entre eles un nunha nave propiedade de ‘O Burro’ en Vilaxoán. Ademais das 6 detencións, foron incautadas tres embarcacións semirrígidas, das utilizadas polas organizacións criminais para o alixo de drogas no mar.

Dáse a circunstancia de que, a pasada semana, as forzas policiais levaron a cabo outro operativo contra unha rede encargada da construción e transporte de planadoras, con 10 persoas investigadas.

As actuacións nese caso estiveron coordinadas por un xulgado de Vigo, ante o que compareceron 3 dos investigados. O xulgado decretou a posta en liberdade destas persoas, investigadas por un delito tentado de tráfico de drogas e outro de contrabando de embarcacións; así mesmo, ordenou a busca e captura doutro tres persoas.

ÚLTIMAS

Incautados en Tahití case 524 quilos de cocaína nun pesqueiro con base en Vigo

A Mariña francesa incautouse dun alixo de 524 quilos de cocaína atopado nun barco pesqueiro con...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, "o mellor ano na historia...

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...