InicioVigo e contornaVigoVigo, a cidade máis feliz de España

Vigo, a cidade máis feliz de España

Así o di un informe redactado polo Instituto de Calidade de Vida de Londres

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo situouse como a cidade máis feliz de España segundo o estudo ‘Happy City Index 2024’ que publica o Instituto de Calidade de Vida de Londres (Institute of Quality of Life de Londres).

En concreto, a nivel mundial a cidade olívica ocupa o posto 58 e é a primeira urbe española que aparece no ranking, que encabeza Aarhus (Dinamarca), seguida de Zúric (Suíza) e de Berlín (Alemaña).

A nivel nacional, a segunda cidade española máis feliz é Bilbao (posto 59 en todo o mundo), seguida de Valencia (106), de Barcelona (139), de Zaragoza (165), de Madrid (192), de Málaga (216) e de Las Palmas de Gran Canaria (242).

Tal como explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, este índice establécese a través das valoracións dos cidadáns en cinco categorías: cidadanía, gobernación, medioambiente, economía e mobilidade.

Caballero reivindicou que este informe se une ao estudo da OCU que situou a Vigo como a mellor cidade española para vivir. “Vigo é a cidade máis educada de España segundo Perply”, lembrou tamén o rexedor.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...