InicioVigo e contornaVigoPechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

"Dada a situación de alerta, procedeuse ao balizamento das entradas á Praza de Compostela, á Riouxa, aos parques de Castrelos e do Castro, á Carballeira da Guía, aos aparcadoiros dos piñeirais da contorna de Samil, ao Lagares e á Bouza", indicou o Concello

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos da cidade desde este mércores e ata o venres, día 29 de marzo, debido ao temporal.

Nun comunicado, o goberno local anunciou que, tras a activación do nivel de alerta laranxa na costa por mal tempo, decidiu pechar os parques da urbe.

“Dada a situación de alerta, procedeuse ao balizamento das entradas á Praza de Compostela, á Riouxa, aos parques de Castrelos e do Castro, á Carballeira da Guía, aos aparcadoiros dos piñeirais da contorna de Samil, ao Lagares e á Bouza”, indicou o Concello.

Así, recomendou aos cidadáns que limiten, na medida do posible, os seus desprazamentos ao aire libre e que tomen as máximas precaucións se acoden a zonas con árbores que poidan verse afectadas pola climatoloxía adversa.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...