InicioSociedadeAs corais de Valladares e Matamá e Emilio Sotelino in memorian serán...

As corais de Valladares e Matamá e Emilio Sotelino in memorian serán tamén Vigueses Distinguidos este ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores novos nomes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores novos nomes que se suman á lista de persoas e entidades que serán galardoadas como Viguesas Distinguidas este ano.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor informou de que o Concello recoñecerá in memorian a Emilio Sotelino, “un referente do folclore en Galicia”, como Vigués Distinguido, tras ser o fundador da Asociación Interfolk.

Tamén a Coral Polifónica do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, con máis de 50 anos de traxectoria, recibirá esta distinción, do mesmo xeito que a coral da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá, que foi creada en 1974.

No ámbito asociativo, recoñecerase o labor da Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo. Así mesmo, a escritora María Reimóndez tamén recollerá o galardón, tras ser proposta polo BNG. Todos eles súmanse á lista deste ano, onde se atopan o IES A Guía, o CEIP Lope de Veiga, o colexio Quiñones de León, o proxecto musical Son dás Flores, o Club Baloncesto Seis do Nada; o Celta Atletismo, e o Club Deportivo Coia. Ademais, a Policía Nacional e Povisa recibirán a Medalla de Ouro da cidade.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...