InicioSociedadeO BNG de Vigo propón ao comité de Vitrasa como Vigués Distinguido

O BNG de Vigo propón ao comité de Vitrasa como Vigués Distinguido

Pola súa "intensa loita" para mellorar as súas condicións laborais, tras máis de tres anos de reivindicacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo nomear ao comité de empresa de Vitrasa, en representación dos traballadores da concesionaria municipal do transporte urbano, como Vigués Distinguido pola súa “intensa loita” para mellorar as súas condicións laborais, tras máis de tres anos de reivindicacións. Así, os nacionalistas pediron pór en valor con este recoñecemento a loita do persoal de Vitrasa por ser “parte do ADN de Vigo”.

Entre as súas propostas, tamén está a escritora María Reimóndez e Libraría Cartabón. A primeira por ser “unha das maiores referencias da literatura galega actual”, con máis de 50 obras publicadas como autora ou coautora. O establecemento libreiro, pola súa traxectoria como “gran porta de acceso á cultura” do conxunto da cidadanía de Vigo.

“Estas distincións teñen que ser reflexo da diversidade e a pluralidade da cidade, pondo fin á súa utilización autoritaria por parte do goberno de Abel Caballero”, reivindicou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...