InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo propón a remunicipalización dos servizos de auga e...

O BNG de Vigo propón a remunicipalización dos servizos de auga e bus urbano

O BNG de Vigo propuxo este xoves iniciar un proceso de remunicipalización dos servizos de abastecemento e saneamento de auga e bus urbano da cidade olívica, xa que no 2025 concluirán as prórrogas das dúas concesións privadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo este xoves iniciar un proceso de remunicipalización dos servizos de abastecemento e saneamento de auga e bus urbano da cidade olívica, xa que no 2025 concluirán as prórrogas das dúas concesións privadas.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, avanzou que levará esta cuestión ás Comisións Informativas do Concello, que se celebrarán a semana que vén. El defendeu a necesidade de “fortalecer e alongar” os servizos públicos fronte ás políticas de recortes e privatizacións.

“A nivel municipal, esa aposta ten que materializarse en iniciar o proceso de remunicipalización que poña baixo xestión pública os principais servizos do Concello, para que deixen de ser fronte de lucro de grandes empresas e mellorando a calidade do servizo que se presta”, apuntou.

 

 

 

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...