InicioSociedadeInvestigan a 10 persoas por danos en ambulancias na zona de Vigo...

Investigan a 10 persoas por danos en ambulancias na zona de Vigo durante a folga do sector

Acusados de delitos de danos agravados por afectar a bens de uso público e aos intereses xerais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dez persoas permanecen investigadas como presuntos autores de danos en doce ambulancias cometidos na zona de Vigo durante a folga que viviu o sector o verán de 2023 en demanda dun novo convenio colectivo que durou ata mediados de xullo.

Segundo informou a Garda Civil este martes, os feitos producíronse entre xuño e xullo no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na base do 061 en Sabarís-Baiona e nunhas instalacións de ambulancias de Mos. A investigación iniciada entón concluíu coa identificación de dez persoas como presuntos responsables dos danos, que a Garda Civil vincula a traballadores de empresas concesionarias do servizo de transporte sanitario.

Os danos causados nos vehículos están valorados “en miles de euros” e consistiron, fundamentalmente, en picadas de rodas que provocaban que os vehículos quedasen inutilizados durante horas.

Os investigados teñen idades comprendidas entre os 39 e 62 anos e están acusados de delitos de danos agravados por afectar a bens de uso público e aos intereses xerais, co que se expoñen a penas de prisión dun a tres anos. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución número catro dos de Vigo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...