InicioEconomíaMultitudinaria manifestación en Vigo para reclamar a actualización do convenio de Vitrasa

Multitudinaria manifestación en Vigo para reclamar a actualización do convenio de Vitrasa

Sumáronse traballadores, as súas familias, veciños e formacións políticas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de persoas, segundo cifras da organización, botáronse este sábado á rúa en Vigo nunha manifestación para reclamarlle a Vitrasa, concesionaria do transporte urbano da cidade, que alcance un acordo co comité de empresa para actualizar o convenio, caducado desde fai tres anos.

A marcha, á que se sumaron non só traballadores senón tamén as súas familias, veciños e formacións políticas, saíu desde Praza de España ás 18.30 da tarde e baixou por Gran Vía e Urzaiz, ata chegar ao cruzamento coa rúa Colón.

Foron representantes dos sindicatos (CIG, CCOO, UXT e USO) os que deron lectura a un manifesto no que cargan contra a concesionaria por “recortar servizos” desde 2020, por mor da pandemia da covid-19, a pesar de que recibiu indemnizacións por parte do Concello debido á redución de viaxeiros que supuxo a crise económica.

A isto suman as organizacións que se incrementou o prezo do billete, o que fai que o transporte urbano de Vigo sexa “o máis caro de toda Galicia”. Os empregados lembran que o convenio leva tres anos paralizado e, como consecuencia, os seus salarios estiveron todo este tempo “conxelados”, o que supuxo unha perda de poder adquisitivo pola “negativa” da empresa a negociar un novo.

Así, o comité –reza o manifesto lido este sábado– reclama non só que se actualicen as retribucións, senón tamén que se introduzan melloras que permitan ofrecer un servizo “de calidade” aos vigueses. Así mesmo, os sindicatos cargan contra o goberno local, liderado polo socialista Abel Caballero, porque “non fixo nada para promover unha resolución ao conflito”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...