InicioSociedadeOito denuncias por levar os cans soltos pola praia de Samil

Oito denuncias por levar os cans soltos pola praia de Samil

Fóra do período estival só se poden pasear coa correa posta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou denuncias contra 8 propietarios de cans que levaban aos animais soltos pola praia de Samil, contraviniendo a lexislación vixente. Segundo explicaron fontes policiais, ao longo de varias semanas leváronse a cabo tarefas de información e amonestouse aos donos de mascotas, lembrándolles que, fóra do período estival está permitido pasear aos cans pola praia, pero sempre atados coa correa.

Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, por contra, está totalmente prohibida a permanencia e circulación de cans polos areais da cidade, fóra das praias de Foz e Calzoa, especialmente habilitadas para as mascotas.

Tras os avisos, o pasado fin de semana chegaron as denuncias, e sancionouse a 8 propietarios de cans quen, de forma errónea, crían que podían levar aos cans soltos por estar fóra de período estival. O ano pasado, figuraban inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía, un total de 45.770 cans no Concello de Vigo, dos que 2.166 son de razas consideradas potencialmente perigosas.

Ademais das praias de Foz e Calzoa, a cidade de Vigo conta cun parque canido na Praza Joaquín García Picher e en Pontenova, na zona de Castrelos.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...