InicioPolíticaA xestora do PP de Vigo promete unha "transición modélica" cun partido...

A xestora do PP de Vigo promete unha “transición modélica” cun partido “unido”

O líder do PPdeG, Alfonso Rueda, pide "empezar canto antes" a conformar unha "alternativa" ao actual goberno municipal de Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta xestora que asumirá as rendas do PP de Vigo tras a renuncia da súa presidenta, Marta Fernández Tapias, iniciou este xoves a súa andaina cunha reunión, na que participou o presidente provincial do partido, Luís López ‘Lugués’, e prometendo unha “transición modélica” cun PP “unido, solvente e cunha presenza importante na cidade”.

Así o trasladou a presidenta do órgano interino, Ana Ortiz, quen subliñaron que os ‘populares’ vigueses pretenden facer unha “transición modélica”, cun “partido unido”, e que subliñou que a xestora está aberta a novas incorporacións, ademais dos membros cos que xa conta: ela mesma, Alberto Fontes (secretario xeral da agrupación local), Montse Otero (coordinadora do PP vigués), Luisa Sánchez (concelleira viguesa e futura deputada provincial, en substitución de Tapias), Marta Mariño (deputada autonómica electa), Borja Fontán e Rosa Estévez.

Ortiz quixo convidar a militantes e simpatizantes a unirse a un “proxecto que merece a pena” para ampliar as bases do partido e puxo en valor o traballo realizado nos dous últimos anos por Fernández Tapias, que levou a incrementar os apoios ao PP nas últimas eleccións, e a lograr o mellor resultado da última década nas autonómicas do pasado 18F.

Así mesmo, destacou que o PP de Vigo é “un equipo” e que quere responder á confianza dos cidadáns “facendo un partido máis unido, e o máis útil posible á sociedade”. “Hai partido e hai proxecto”, proclamou.

Finalmente, confirmou que a intención da xestora é “acurtar os prazos” para a celebración do congreso extraordinario no que se elixirá á nova dirección local, aínda que matizou que non hai “unha présa inminente” porque as próximas eleccións municipais aínda son en 2027. “Procuraremos que a transición sexa o máis curta posible, pero non hai un calendario marcado”, explicou.

APOIO DA DIRECCIÓN PROVINCIAL

Pola súa banda, Luís López tamén agradeceu o labor de Fernández Tapias, que deixou un PP “renovado”, “ilusionado” , e “forte”, cunha tendencia de crecemento nas citas electorais. “A mellor maneira de estar agradecidos é dar continuidade a ese traballo, e para iso hai unha persoa que nace do consenso total”, subliñou, en alusión a Ana Ortiz, que quen ha valordado a súa “capacidade”.

Ademais, prometeu que Ana Ortiz “non vai estar soa” e que contará co apoio “máximo” da dirección provincial do PP, á vez que recalcou que o partido non vai parar “nin un minuto” para seguir traballando en Vigo e ser “a alternativa a un acalde que perdeu estas eleccións autonómicas, porque figuraba como candidato á beira do outro candidato”.

Preguntado pola reorganización do goberno provincial na Deputación, tras a marcha de Fernández Tapias, que ocupaba unha vicepresidencia, Luís López limitouse a confirmar que Luisa Sánchez tomará posesión como deputada provincial no pleno de marzo.

Sobre se haberá unha vicepresidencia ‘de Vigo’, Luís López afirmou que é “coherente” e trata de aplicase o que di, e que sempre mantivo que “os territorios deben estar debidamente representados” na institución provincial.

RUEDA: “EMPEZAR CANTO ANTES” A ARMAR A ALTERNATIVA

Sobre este asunto falou leste mesmo xoves o presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, quen celebrou que estea xa conformada a nova xestora, sen “esgotar” os 10 días de prazo que tiña o partido a nivel provincial, para así “empezar canto antes” a conformar unha “alternativa” ao actual goberno municipal de Abel Caballero.

“O que ten que facer é porse a traballar”, dixo Rueda sobre a nova xestora, apuntando tamén ás eleccións municipais de 2027. De feito, reivindicou os resultados que obtiveron os populares na cidade olívica, que contrapuxo co “pésimo” dun alcalde, Abel Caballero, que “se implicou como ningún outro” na campaña.

“Lembro fotos, que supoño que tentarán ignorar e que se esquezan canto antes, do candidato xunto co alcalde”, esgrimiu, antes de lembrar que en Vigo o PSOE foi a terceira forza e “a moita distancia” de PP e BNG (que foi o partido máis apoiado).

Así as cousas, concluíu que o PP ten “un bo punto de partida para empezar a construír unha alternativa” en Vigo. E, aínda que hai “tempo”, si que manifestou que é preciso “empezar canto antes” a traballar neste camiño.

“A min gustaríame que si tivésemos estabilidade esta vez”, apelou, antes de concluír que, pola súa banda, volve tender a man ao Concello de Vigo porque “é necesario colaborar” e os veciños da cidade non teñen “por que estar a perder oportunidades que aproveitan outras cidades de todas as cores políticas”. “Pero os intentos de confrontación sempre están do mesmo lado”, resolveu.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...