InicioSucesosDecretado o arquivo da causa pola desaparición dunha muller de Cangas a...

Decretado o arquivo da causa pola desaparición dunha muller de Cangas a bordo dun buque do CSIC

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un xulgado de instrución de Gandía decretou o arquivo e sobresemento provisional da causa aberta pola desaparición en setembro pasado de María del Carmen Fernández, natural de Cangas, cando se atopaba a bordo do buque oceanográfico ‘García del Cid’, onde traballaba como persoal adscrito ao servizo de cociña.

Segundo confirmou a Europa Press o avogado da súa familia, o xulgado valenciano abriu dilixencias cando lle chegou a investigación da Garda Civil, pero inmediatamente decidiu o arquivo, sen que se chegase a practicar ningunha dilixencia, ao entender os investigadores que non había indicios de delito nesa desaparición, que ocorreu entre o 9 e o 10 de setembro do ano pasado, e que puido tratarse, ou ben dunha caída accidental ou dun suicidio.

Con todo, a familia presentou recurso de reforma para que se reabrise a causa e reclamou que levasen a cabo dilixencias, como a toma de declaración de máis tripulantes, porque alegan que a Garda Civil non falou con todos; ou que se pidan as gravacións das cámaras de seguridade do buque, que depende do CSIC.

O xulgado de instrución desestimou ese recurso e agora a familia acudiu á Audiencia Provincial de Valencia. Segundo explicou o seu letrado, esperarán un “tempo prudencial” a coñecer a decisión do tribunal provincial pero, no entanto, non descartan insistir por outras vías xurisdicionais para que se aclare “que pasou”.

A desaparición de Carmen Fernández foi notificada, pola propia tripulación do barco, a Salvamento Marítimo, o 10 de setembro de 2023, cando os seus compañeiros a botaron en falta. Aínda que se iniciou un dispositivo de procura, non se localizou o seu corpo.

Dáse a circunstancia de que Carmen denunciara no pasado por acoso a un compañeiro de tripulación (o caso arquivouse en 2019), e mesmo solicitara o seu traslado a outro barco para non coincidir con esa persoa.

Antes de partir para a viaxe no que desapareceu, Carmen coincidiu con ese compañeiro en porto, pero o home non chegou a embarcar por motivos de saúde.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...