InicioVigo e contornaRedondela18F - Sorpaso do BNG en Vigo, Cangas, Moaña e Redondela

18F – Sorpaso do BNG en Vigo, Cangas, Moaña e Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sorpaso do BNG en Vigo . O PP perde a hexemonía de voto nas autonómicas e o PSdeG queda relegado ao terceiro posto cunha perda do 11,9% dos votos fronte a un BNG á alza que conseguiu fidelizar a un 13,6% máis de electorado chegando a máis de 55.900 votos (98,4% escrutado)  fronte a un PSdeG en recesión que alcanza os 30.300 votos, sendo incluso a terceira forza máis votada por detrás do Partido Popular que sube un 2,7% con 53.308 votos.

En Redondela (94% escrutado) viviuse unha situación similar onde o BNG pasa a ser a forza máis votada co 40% dos votos e un incremento do 11,7 % fronte ao descenso do PSdeG PSOE que perde case o 11% do seu electorado.

A este cambio de voto na ría de Vigo lle segue Moaña. Os do Morrazo mudaron tamén a súa preferencia de voto para apoiar o partido de Ana Pontón co 46% dos votos fronte a un PP que perde apenas o 0,6% pero un PSOE en terceira posición que perde un 7%.

Cangas (100% escrutado) é o cuarto concello da provincia de Pontevedra que muda a súa preferencia de voto e onde o BNG fagocita o 46% do voto fronte  un PP que recupera un 2,7% e un PSOE que deixa atrás o 8,2% do seu electorado.

O cuarto concello que mudou o seu voto respecto a 2020 foi Fornelos de Montes onde o PP pasou a ser a forma máis votada recuperando 3 4% ante o retroceso do PSOE que pasou ao segundo posto perdendo o 9,5% dos apoios. O BNG recupera o 5,4% dos votos neste municipio sendo a terceira forza.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...