InicioEconomíaVitrasa e comité volverán reunirse o venres 23 tras finalizar o encontro...

Vitrasa e comité volverán reunirse o venres 23 tras finalizar o encontro deste xoves sen acordo

A mediación de hoxe terminou sen achegar posturas entre ambas as partes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, e o comité de empresa emprazáronse a unha nova reunión de mediación o vindeiro venres, día 23 de febreiro, despois de finalizar o encontro deste xoves sen acordo.

Segundo informou o presidente do comité de empresa, Imanol Arnoso, a mediación de hoxe terminou sen achegar posturas entre ambas as partes, polo que o venres 23 continuará a negociación a partir das 11.00 horas. O pasado venres, día 9, Vitrasa ofreceu unha subida salarial do 3% para os anos 2023 e 2024, así como unha paga non consolidable de 500 euros para facer fronte aos incrementos do IPC dos anos 2021 e 2022.

Ademais, mantivo as ofertas sociais expostas ata a data e ofreceu reducir un mes o período no que é posible gozar as vacacións se baixaba o absentismo (o obxectivo desta medida permitir que os empregados poidan coller os seus días libres máis cara á época de verán). Nun comunicado, a propia Vitrasa puxo en valor que as súas ofertas suporían uns 2.000 euros de media a cada traballador, co obxectivo de desconvocar a folga indefinida, que comezou a finais de novembro de 2023.

“O comité de empresa segue cunhas propostas absolutamente desorbitada para unha empresa en condicións de perdas económicas, cunha actitude de chantaxe cara á empresa e facendo reféns aos seus propios compañeiros”, criticou Vitrasa a semana pasada.

O deste xoves foi o cuarto encontro de mediación levado a cabo entre Vitrasa e o comité esta semana, despois de que a compañía aceptase novamente unha mediación que, do mesmo xeito que a finais de 2023, é realizada por unha inspectora de traballo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...