InicioVigo e contornaVigoDeteñen un home no centro comercial Vialia por danar vehículos e insultar...

Deteñen un home no centro comercial Vialia por danar vehículos e insultar a viandantes e policías

Segundo informaron fontes do 092, os feitos ocorreron a tarde do martes, cando a Policía foi requirida para ir ao centro comercial Vialia, onde un individuo se dedicaba a causar danos nos vehículos que estaban no interior do parking.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 34 anos de idade, D.L.A., como presunto autor dun delito de danos e un de atentado contra axentes da autoridade, despois de causar danos a varios coches estacionados nos aparcadoiros do centro comercial Vialia, e tras increpar, insultar e ameazar a viandantes e axentes policiais.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos ocorreron a tarde do martes, cando a Policía foi requirida para ir ao centro comercial Vialia, onde un individuo se dedicaba a causar danos nos vehículos que estaban no interior do parking.

Á súa chegada, achegóuselles unha muller que relatou que estacionara o seu coche no aparcadoiro e que un home se achegou a ela en actitude ameazante e gritando frases incongruentes. A muller, que ía cos seus dous fillos menores de idade, encerrouse de novo no seu coche e, desde o interior, observou como ese home golpeaba outros coches, provocando danos nos espellos retrovisores.

Outra testemuña explicou aos policías que ese mesmo home achegouse a el e á súa nai cando entraban no centro comercial, e empezara a gritarlles e insultarlles, chegando a lanzar puñadas ao aire, rozándolle a cara e o torso. O mozo meteuse no recinto, pero puido ver como o sospeitoso insultaba e ameazaba a todo o que se cruzaba no seu camiño.

Unha terceira persoa dirixiuse aos axentes para mostrarlles un vídeo gravado co seu móbil, onde se vía a ese home golpeando outro coche ata romperlle o espello retrovisor.

Os funcionarios entrevistáronse cos responsables de seguridade privada do centro comercial, e puideron comprobar que un home das características achegadas polas testemuñas, accedera a un dos baños do aseo.

Os axentes localizaron ao sospeitoso durmindo no interior dun dos aseos e, ao ser espertado, comezou a insultalos e ameazalos gravemente. O home empezou a golpear o mobiliario e tivo que ser reducido, porque non cejaba na súa actitude e chegou a forcejear e golpear en varias ocasións aos policías. Finalmente foi detido.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...