InicioVigo e contornaVigoPleno extraordinario en Vigo ante os "malos tratos" da Xunta por non...

Pleno extraordinario en Vigo ante os “malos tratos” da Xunta por non cofinanciar a reforma de Balaídos

O alcalde Abel Caballero someterase ao pleno esa decisión "inadmisible", de negar recursos para Balaídos, mentres o PP de Vigo "queda calado", e manifestou a súa esixencia de que "Vigo sexa tratada exactamente igual que o resto de cidades de Galicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes a convocatoria dun pleno extraordinario, a petición do grupo de goberno, para abordar “a decisión da Xunta de asignar 5 millóns de euros para o campo de fútbol da Malata en Ferrol e dedicar cero euros para o campo do Celta, para Balaídos”.

Nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que esa decisión do goberno galego é “escandalosa”, e denunciou que a Xunta “nega a Vigo” calquera axuda para a reforma do estadio municipal, primeiro con Feijóo como presidente e agora con Alfonso Rueda. “É un escándalo e vai ser tratado no pleno”, proclamou.

Segundo explicou, someterase ao pleno esa decisión “inadmisible”, de negar recursos para Balaídos, mentres o PP de Vigo “queda calado”, e manifestou a súa esixencia de que “Vigo sexa tratada exactamente igual que o resto de cidades de Galicia”.

O alcalde reiterou que Rueda “maltrata” á cidade olívica e “non quere que progrese”, e mesmo trasladou as súas “dúbidas” de que o presidente da Xunta “deixe” ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asinar un convenio para achegar recursos á reforma de Balaídos. “Así que haberá un pleno extraordinario e no pleno, que convocarei para a próxima semana, tratarase a desconsideración e os malos tratos da Xunta á cidade”, sentenciou o alcalde.

ÚLTIMAS

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...

Escotet alerta sobre o impacto da guerra de Oriente Medio na economía galega

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reiterou o compromiso da entidade co tecido...