InicioSociedadeA Policía Local de Vigo salva a vida a un veciño, achado...

A Policía Local de Vigo salva a vida a un veciño, achado inconsciente na súa casa

Tamén se informou da localización dun neno de 8 anos de idade que estaba perdido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo logrou salvar a vida a un veciño da cidade, ao que localizou insconsciente no seu domicilio, tras o aviso dun amigo, que recibira unha “mensaxe inquietante” que lle fixo sospeitar que algo malo lle ocorría.

Os feitos ocorreron na noite do pasado venres, cando unha persoa contactou co 092, alarmado porque un amigo lle enviou unha mensaxe no que lle manifestaba que lle deixaría as chaves da súa casa nunha cafetaría, aínda que o home descoñecía a dirección exacta desa persoa. Os axentes recolleron rapidamente as chaves e desprazáronse á rúa onde vive o seu propietario, probando en varios portais ata dar co que se abría. Do mesmo xeito, foron probando planta por planta ata que as chaves abriron a porta dun domicilio.

Tras chamar insistentemente e non obter resposta, os axentes accederon ao interior da vivenda e localizaron a este home, tombado sobre un sofá e inconsciente. Tras as primeiras manobras de reanimación, o home comezou a reaccionar e, foi posteriormente trasladado a un centro hospitalario, dándose aviso a un familiar.

Por outra banda, a Policía informou tamén da localización dun neno de 8 anos de idade que estaba perdido e camiñando só polo paseo da praia de Samil. O menor, que estaba asustado e inquieto, foi tranquilizado polos axentes e, tras preguntarlle, pescudaron que vive en Pontevedra. A Policía Local púxose en contacto con axentes de Policía da cidade do Lérez e lograron contactar telefonicamente co pai do menor, que se presentou no lugar pasados uns minutos.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...