InicioPolíticaMariano Rajoy, de campaña electoral por Vigo

Mariano Rajoy, de campaña electoral por Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O expresidente do goberno Mariano Rajoy visitou este luns Vigo para pedir o voto para o PP nas próximas eleccións do 18 de febreiro, onde estivo arroupado por decenas de cidadáns, que se achegaron a el para coñecelo e agradecerlle a súa xestión á fronte do Executivo central.

Foi sobre as 12.00 horas cando Rajoy, acompañado por ata catro persoas de seguridade, chegou ao Farol de Urzaiz, onde o esperaban, entre outros, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias.

Desde alí comezaron o paseo ata a carpa que o partido instalara preto da escalinata do Museo Marco. Foron moitos os medios de comunicación que cubriron o acto, que continúo cunha andaina pola rúa Príncipe ata a Porta do Sol da urbe olívica.

Durante a mesma, Rajoy pediu o voto a decenas de persoas que se cruzaban pola rúa, entregándolles a propaganda electoral do Partido Popular. Maiores, novos e mesmo algún neno parárono pola rúa para agradecerlle a súa xestión e pedirlle que se sacasen unha foto xuntos.

Rajoy aproveitou o seu paseo para lembrarlle a algún cidadán que lle desexou sorte que “hai que tela, porque se non vén Puigdemont a Gobernar aquí”. Ademais, tratou de convencer a varias persoas que mostraban as súas dúbidas. Outro detalle da espontaneidade do expresidente ocorreu cando un home manifestou ser zamorano. “Cona, empadróese aquí e vótenos”, dixo Rajoy coa retranca que o caracteriza.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...