InicioSucesosFeridas tres persoas nun accidente múltiple na A-55 en Mos

Feridas tres persoas nun accidente múltiple na A-55 en Mos

Os vehículos quedaron pegados uns a outros e o terceiro á barreira protectora da vía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente múltiple con tres coches implicados deixou a tres persoas feridas este venres na autovía A-55 (Vigo-fronteira portuguesa) á altura do municipio de Mos. Segundo informa o 112 Galicia, nun primeiro momento pensouse na posibilidade de que houbese persoas atrapadas, polo que se activaron os recursos do parque de bombeiros do Porriño e dos membros do GES de Mos. Con todo, unha vez no lugar do sinistro, comprobaron que o acceso aos ocupantes dos vehículos era posible sen elementos de excarceración.

A colisión, na que se viron implicados dous turismos e unha furgoneta, produciuse na A-55, ao paso polo quilómetro 14, en sentido Vigo. A consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas, unha en cada un dos vehículos implicados. Todas foron evacuadas polo 061 ao centro hospitalario de referencia. Os vehículos quedaron pegados uns a outros e o terceiro á barreira protectora da vía. Pola súa banda, e unha vez descartada a excarceración, os Bombeiros do Porriño moveron os coches co fin de liberar a vía e facilitar a limpeza e retirada dos restos.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...