InicioSucesosUn detido por agredir a outro home en Vigo alega que recibiu...

Un detido por agredir a outro home en Vigo alega que recibiu insultos racistas

Foi nunha discusión de tráfico ocorrida o pasado martes en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 47 anos, JRMH, foi detido por agredir a outro home, de 62 anos, nunha discusión de tráfico ocorrida o pasado martes en Vigo.

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, tras ser detido por un delito de lesións, o individuo recoñeceu a agresión, pero alegou que “o fixo tras recibir insultos racistas por parte do outro condutor”. Ás 13,35 horas do 30 de xaneiro, a Policía Local recibiu unha chamada dun viandante que informaba dunha pelexa na rúa Pizarro, cunha persoa que sangraba pola cara.

Os axentes puideron constatar que o home de 62 anos atopábase ferido, cun corte no seu pómulo dereito, quen explicou que tivera unha discusión de trafico debido a unha praza de estacionamento e que fora agredido por outro condutor. Foi necesario o seu traslado a un centro hospitalario, onde recibiu varios puntos de sutura. Posteriormente, foi detido o outro condutor.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...