InicioSociedadeO PP de Vigo a Besteiro: "Ofrécese a recoller aos viaxeiros, pero...

O PP de Vigo a Besteiro: “Ofrécese a recoller aos viaxeiros, pero non se encarga dos que Caballero deixa “tirados”

Piden a súa opinión sobre o conflito laboral na empresa concesionaria do bus urbano da cidade (Vitrasa).

PUBLICADO O

- Advertisement -

PP de Vigo cuestionou ao candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, acerca da súa opinión sobre o conflito laboral na empresa concesionaria do bus urbano da cidade (Vitrasa) e ironizou en alusión ao vídeo publicado polo candidato, preguntando se tamén recollerá en bus aos traballadores da concesionaria e aos usuarios vigueses, aos que o alcalde, Abel Caballero, “deixa tirados” ao “mirar para outro lado” ante este problema.

Así o trasladou a presidenta do partido, Marta Fernández Tapias, que mantivo un encontro con membros do comité de empresa da concesionaria, no que tamén estiveron candidatos do PP ás eleccións autonómicas e concelleiras.

Fernández-Tapias constatou que o conflito segue vixente, sen novidade, e con gran repercusión para os usuarios e para o propio persoal, que leva dous meses en folga indefinida. Segundo reiterou, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, debería “intermediar” para pór fin a esta situación nun servizo público básico, como é o transporte urbano.

Gustaríame saber que pensa Besteiro deste conflito, ofrécese a recoller aos viaxeiros tirados, pero non se encarga de recoller aos vigueses que deixa tirados Abel Caballero”, sinalou Tapias, en alusión ao vídeo no que pode verse ao candidato socialista recollendo a pasaxeiros do bus de Alfonso Rueda, despois de picar sen ter ‘roda de recambio’.

Pola súa banda, o presidente do comité de Vitrasa, Imanol Arnoso (CIG), agradeceu o apoio do PP aos traballadores, e confirmou que, ata o momento, “tristemente” seguen sen noticias da empresa nin avances de face á resolución do conflito. “Están moi cómodos con esta situación, o que pretenden é que desapareza a folga porque si, pero non hai ningunha novidade”, sinalou.

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...