InicioSociedadeO Concello de Vigo envía finalmente á Deputación o borrador do convenio...

O Concello de Vigo envía finalmente á Deputación o borrador do convenio para a bancada de Gol

Este borrador chega despois de que a Deputación urxise en varias ocasións ao Concello o proxecto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que o Concello enviou finalmente á Deputación de Pontevedra o borrador do convenio para a construción da nova bancada de Gol do estadio de Balaídos, orzada nuns 26,6 millóns de euros.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que este convenio é similar ao que se asinou en 2015 e en 2019 para o resto de bancadas. Ademais, Caballero solicitou unha entrevista co presidente provincial, Luís López, para falar das asignacións de recursos para investimentos na cidade, “como se facía coa anterior presidenta, Carmela Silva”.

Este borrador chega despois de que a Deputación urxise en varias ocasións ao Concello o proxecto da bancada de Gol, dado que o ente provincial cofinanciará o 50% da obra.

INICIO DAS OBRAS “CANTO ANTES”

Respecto diso, nun comunicado de prensa, a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, apuntou a importancia de “compensar este catro meses perdidos por culpa do goberno local”, insistindo en “axilizar ao máximo os tempos para iniciar a obra canto antes”.

Ela lembrou as “incontables” veces que se lle reclamou este documento ao Concello, “e o único que se recibiu ata agora foi un folio co resumo do orzamento da obra”. Tapias sinalou que se analizará “con detalle e en profundidade” a documentación recibida este venres. O obxectivo, segundo dixo, é “evitar os erros do pasado”, en referencia aos sobrecustos e defectos detectados na reforma da bancada de Marcador, entre eles a falta de visibilidade desde algúns dos asentos.

Ao fío, volveu a chamar a atención sobre os “escasos” 300.000 euros que consigna o orzamento municipal para esta obra en 2024, fronte aos 2,5 millóns de euros que recollen as contas provinciais. Unha evidencia, en opinión de Tapias, de que mentres que a Deputación puxo todos os recursos ao seu alcance para axilizar esta obra, “o Concello vigués vai a outra velocidade”.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...