InicioVigo e contornaVigoO PP vigués critica ao goberno local polos "continuos sobrecustos" das obras...

O PP vigués critica ao goberno local polos “continuos sobrecustos” das obras municipais

O edil Fernando G. Abeijón cualificou esta situación de "escándalo", lamentando que o modificado do proxecto desta praza non se publicou na plataforma pública de contratación ata esta semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo alertou dos “continuos sobrecustos” das obras municipais no Concello olívico, tras detectar un “desfasamento” do 25% na recente reforma da Praza Elíptica.

Segundo os ‘populares’, esta humanización é a última en sumarse a unha “longa listaxe” de revisións de prezos sobre as que o PP leva tempo pondo a lupa.

O edil Fernando G. Abeijón cualificou esta situación de “escándalo”, lamentando que o modificado do proxecto desta praza non se publicou na plataforma pública de contratación ata esta semana.

“E, por se isto fose pouco, foi aprobado ás ocultas nunha xunta de goberno local extraordinaria e urxente convocada para o mediodía da última xornada hábil de 2022”, engadiu.

Estamos ante o enésimo sobrecusto deste goberno socialista. O ascensor Halo, cada bancada que se reforma no estadio de Balaídos, o túnel da Porta do Sol, os accesos a Vialia… As arcas municipais afrontan continuamente revisións de orzamento á alza, que adoitan ir acompañadas de incumprimentos nos prazos de execución”, insistiu o concelleiro.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...