InicioSociedadeRecoñecen o dereito dun axente vigués ferido no procés a cobrar as...

Recoñecen o dereito dun axente vigués ferido no procés a cobrar as súas vacacións non gozadas por incapacidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dun policía de Vigo a que se lle abone a compensación económica polas vacacións non gozadas por incapacidade temporal, entre o 1 de xaneiro e o 19 de novembro de 2020, e posterior xubilación por incapacidade permanente.

Segundo recolle a sentenza, o axente sufriu un traumatismo cranioencefálico nos disturbios sucedidos en Barcelona tras a sentenza do procés, sendo incapacitado polas lesións e finalmente xubilado, sen que puidese gozar as vacacións que lle correspondían.

En concreto, estivo de baixa desde o 18 de outubro de 2019, ata que foi xubilado en novembro do ano seguinte, sen poder gozar dos 28 días de vacacións e permisos dos que dispón.

Desta forma, o alto tribunal estimou o recurso interposto polo afectado contra a resolución da Dirección Xeral da Policía, na que se lle denegou o dereito a percibir a compensación económica correspondente aos días de vacacións non gozados.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...