InicioSociedadeUn veciño de Vigo agrede a súa parella e incumpre a orde...

Un veciño de Vigo agrede a súa parella e incumpre a orde de afastamento

Os feitos ocorreron na noite do pasado domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.J.Ou.S., de 39 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero e outro de quebrantamento de medida, por saltarse unha orde de afastamento.

Os feitos ocorreron na noite do pasado domingo, cando 092 recibiu o aviso dun veciño para acudir a un edificio de cálea Camelias, onde se escoitaba unha forte discusión de parella e a unha muller pedir socorro. Cando os axentes chegaron ao domicilio, abriu a porta un home que negou ter ningunha discusión, nin escoitar berros. Ante a súa negativa reiterada, os policías contactaron coa testemuña que chamara ao 092 e este reafirmouse no que escoitara, insistindo en que estaba totalmente seguro.

Por iso, os funcionarios pediron que saíse do domicilio a muller coa que estaba e así comprobaron que presentaba lesións na cara e na tempa. Entón, o home si admitiu que tivera unha discusión con ela.

Mentres, a muller permanecía en silencio e rexeitou dar ningunha explicación acerca das feridas que presentaba, manifestando que non quería denunciar á súa parella. Os axentes, con todo, solicitaron unha ambulancia para que trasladase á vítima a un centro sanitario, e informaron o home de que sería detido por un delito de violencia de xénero. Ademais, ao comprobar os seus datos, constataron que o home ten en vigor unha orde xudicial de afastamento con respecto á muller coa que estaba, polo que tamén foi denunciado por quebrantamento de condena.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...