InicioEconomíaA Deputación de Pontevedra destina 20 millóns do Plan +Provincia para concellos...

A Deputación de Pontevedra destina 20 millóns do Plan +Provincia para concellos do sur da provincia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo Plan +Provincia destina este ano 20 millóns a municipios de menos de 50.000 euros da área de Vigo e do sur da provincia. Supoñen 2 millóns máis que os recursos destinados a estes concellos en 2023.

Esta é a maior cantidade por zonas no marco dos 48,2 millóns –4 millóns máis que en 2023– a distribuír entre 59 municipios de menos de 50.000 habitantes na provincia.

Para os municipios da contorna de Pontevedra irán 9,5 millóns. Séguenlle: 8 millóns para municipios de Arousa; 7,6 millóns para os das comarcas do Deza e Terra de Montes; así como 3,2 millóns para Bueu, Cangas e Moaña.

No global dos 48 millóns hai catro liñas: 33,7 millóns para investimentos, 4 millóns para gasto corrente de municipios, 9,3 millóns para emprego e 1,2 millóns para proxectos de mobilidade

O pasado mércores, o presidente da Deputación, Luís López, remitiu unha carta aos alcaldes de menos de 50.000 habitantes para informarlles deste plan.

VISITANTES AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Noutra orde de cousas, a Deputación informa de que o Museo de Pontevedra pechou 2023 cun total de 188.599 visitantes, o que supón a mellor cifra en 13 anos.

Respecto diso, o vicepresidente da Deputación e deputado responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, remarca que supón “o mellor dato anual desde 2010, o que mostra a boa saúde do Museo”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...