InicioSociedadeAbre a nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do CHUVI

Abre a nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do CHUVI

Dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas agudos desta enfermidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do Álvaro Cunqueiro de Vigo iniciou este xoves o seu funcionamento, acollendo o tres primeiros pacientes, menores con problemas neste ámbito.

Tras varios meses de obras e un investimento autonómico de 1,3 millóns de euros, as novas instalacións contan cun espazo de 740 metros cadrados, segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado.

Esta nova área dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas agudos de saúde mental. É a segunda de Galicia, despois da inauguración da de Santiago. Funcionará como referencia para todo o sur da Comunidade, incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, de Pontevedra e O Salnés, de Ourense, de Verín e O Barco de Valdeorras.

O equipo de persoal que presta asistencia nestas dependencias está integrado por 20 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicóloga clínica, 1 traballadora social, 1 terapeuta ocupacional, 7 enfermeiras e 8 técnicos en coidados auxiliares de enfermaría.

Só este ano, o servizo de psiquiatría rexistrou 70 ingresos de menores con patoloxías de saúde mental, que ou ben eran hospitalizados en pediatría ou eran derivados a Santiago.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...