InicioSociedadeGoberno de Vigo acusa a bombeiros de facer un uso "partidista" da...

Goberno de Vigo acusa a bombeiros de facer un uso “partidista” da Medalla da cidade

Sinalou que a súa devolución ao alcalde "supón deshonrar á cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo acusou aos bombeiros de utilizar a Medalla de Ouro da cidade con “fins partidistas” e sinalou que a súa devolución ao alcalde, escenificada este venres por un grupo de funcionarios do servizo, “supón deshonrar á cidade de Vigo”.

Así o trasladou o portavoz do goberno vigués, o edil socialista Carlos López Font, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios. Segundo sinalou, a Medalla de Ouro de Vigo (outorgada aos bombeiros en 2009) “é da cidade” e concedéuselle a este colectivo “como recoñecemento a ducias de anos de historia, polos servizos prestados”.

Para o goberno de Vigo, “recibir a Medalla é unha gran distinción e ninguén pode facela súa e utilizala con fins partidistas”. “Rexeitar a Medalla da cidade por intereses particulares supón deshonrar á cidade de Vigo”, proclamou López Font.

“O que queren algúns efectivos do corpo de bombeiros é montar leas, e válelles todo. Non poden arrogarse a historia do corpo de bombeiros de Vigo e o impecable servizo público prestado por centos de integrantes deste corpo ao longo dos seus cen anos de historia”, subliñou o portavoz do goberno municipal.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...