InicioSociedadeRetiran unha das figuras do conxunto escultórico de Buciños na Vía Norte...

Retiran unha das figuras do conxunto escultórico de Buciños na Vía Norte de Vigo, tras un novo acto vandálico

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local investiga un acto vandálico que, de novo, tivo como obxectivo o conxunto escultórico ‘A Familia’ de Buciños, instalado no cruzamento de Vía Norte con Urzáiz en Vigo, e que obrigou a retirar unha das figuras, a da nena.

O conxunto está formado por catro figuras, un home, un neno, unha muller e unha nena, e a escultura da pequena apareceu dobrada, segundo informaron fontes municipais. Así, unha veciña foi a que alertou a unha patrulla da Policía Local tras decatarse de que a figura da nena fora vandalizada.

A Policía informou o departamento correspondente, neste caso o de Fomento, porque o conxunto escultórico está integrado na obra de ‘humanización’ de Vía Norte, e optouse por retirar a figura danada, que permanece custodiada en dependencias da Policía Local, ata que se decida como proceder. En todo caso, polo momento descoñécese que puido pasar, xa que non hai testemuñas dese acto vandálico.

Non é a primeira vez que este conxunto escultórico sofre algún acto de vandalismo. En abril de 2022 foron detidos dous turistas portugueses por causar desfeitas na instalación, de onde arrincaron as figuras dos nenos, gran parte da figura da nai e o brazo da escultura do home. O grupo foi restaurado e instalado de novo no seu enclave en marzo deste ano.

ÚLTIMAS

Peritos apuntan á mala suxeición da carga e a un cable no chan como causas do accidente mortal de Cardama

Peritos xudiciais apuntan cara á inestabilidade da carga, a súa deficiente suxeición e a...

Allegue protesta polo acto de Caballero e Regades na ETEA: “Menuda propaganda sen convidar á Xunta”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, denunciou este mércores...

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...