InicioSociedadeVitrasa insiste en que a folga ten "transfondo político" e quere "amolar...

Vitrasa insiste en que a folga ten “transfondo político” e quere “amolar o Nadal”

En concentracións de protestas desde o pasado 25 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, saíu ao paso das acusacións realizadas este mércores polo comité de empresa sobre o conflito laboral que manteñen desde hai máis de dous anos, e que desembocou nunha folga indefinida desde o pasado 25 de novembro. Así, a empresa insistiu en que esta medida de presión ten un “transfondo político” porque foi convocada para “amolar o Nadal”.

A través dun comunicado e unhas declaracións remitidas aos medios, o director xeral de Vitrasa, Carlos González, insistiu en que a folga ten “intereses persoais e tamén políticos”. “Son conscientes do dano que causa esta situación á mobilidade da cidade durante o Nadal, e así o puxeron de manifesto nas tres reunións que mantivemos días atrás durante as negociacións”, sinalou.

Por outra banda, criticou novamente que o comité non accedese a suspender a folga dúas semanas, aínda que a empresa ofreceu retirar os expedientes sancionadores e volveu a acusar os sindicatos de ofrecer datos nesgados sobre os soldos dos traballadores.

Respecto diso, repetiron que o salario mínimo de 27.400 euros correspóndese con persoal que entra novo, sen antigüidade, e que o salario medio do persoal xeral en 2022 superou os 33.500 euros brutos. Nese sentido, incidiu en que é “incomprensible” a “beligerancia” do comité con “a empresa (do sector) que mellor paga e mellores condicións ten” en toda a provincia.Tras insistir en que a folga indefinida só contou co apoio do 29 % do persoal, rexeitaron as manifestacións dos sindicatos sobre a suposta rendibilidade que Vitrasa está a obter nestes días de paro.

Así, a empresa, que insiste en que está “en perdas”, recalcou que está a perder miles de usuarios e que tamén sofre danos económicos, non só pola caída de viaxeiros, senón tamén por episodios como os ataques a buses (o máis grave, ocorrido en maio pasado, cando se incendiou un autocar, valorado en 400.000 euros, episodio que é obxecto dun procedemento xudicial).

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...