InicioSucesosO TSXG ratifica a condena de 21 anos de cárcere para o...

O TSXG ratifica a condena de 21 anos de cárcere para o home que asasinou a coiteladas á súa muller en Gondomar en 2020

Advirte de que non se pode aplicar a atenuante de confesión e lembra que o acusado non colaborou coa investigación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou sentenza na que desestima os recursos interpostos pola defensa e tamén polas acusacións, no caso de Valentín A.B., que foi condenado a 21 anos de prisión por asasinar á súa muller a coiteladas no domicilio familiar de Gondomar, en decembro de 2020, e ratificou integramente a sentenza condenatoria.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza, en base ao veredicto dun tribunal de xurado, pola que impuxo 21 anos de cárcere a Valentín A.B., como autor de asasinato da súa muller, Soledad, coas agrabantes de parentesco e xénero. Ademais, o tribunal provincial impuxo tamén a privación da patria potestade en relación a un dos seus fillos, que padece unha grave discapacidade, a prohibición de achegarse ou comunicarse con el por 26 anos, e a medida de liberdade vixiada por un período de 5 anos tras saír do cárcere.

O procesado recorreu a sentenza, ao entender que non se tivo en conta a circunstancia atenuante de confesión, baseándose na declaración dun taxista, a quen Valentín lle dixo: “Chama á Garda Civil, que matei á miña muller e eu estou morrendo”.

O TSXG desestima este motivo de apelación porque a atenuante non foi solicitada no escrito de defense e pediuse tardíamente. Así mesmo, e en canto ao fondo, considera “evidente” que esa circunstancia non se produciu porque o acusado se manifestou así ante un particular e non ante unha autoridade policial ou xudicial.

Ademais, sinala na súa sentenza o alto tribunal galego, Valentín non mantivo unha actitude colaboradora coa investigación, senón que, ao contrario, “negouse a declarar, ou ben mantivo unha amnesia selectiva, sen recoñecer os feitos” e negándose a que se lle realizase unha proba de ADN.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...