InicioSociedadeO Hospital Ribeira Povisa recibirá a Medalla de Ouro de Vigo 2024,...

O Hospital Ribeira Povisa recibirá a Medalla de Ouro de Vigo 2024, por medio século de “grandísima” atención sanitaria

O BNG critica o nomeamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Ribeira Povisa de Vigo, que este ano cumpre medio século de vida, recibirá a Medalla de Ouro 2024 da cidade, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero. No acto con motivo do 50 aniversario deste hospital privado, o rexedor olívico xustificou a distinción en recoñecemento aos 50 anos da “grandísima atención sanitaria prestada a miles de vigueses” e á xeración de emprego, ata contar cun persoal de 1.500 profesionais.

Caballero comprometeu a cooperación do Concello co hospital que, ao seu xuízo, xoga “un papel fundamental na saúde e o emprego de Vigo“, e destacou que Povisa axústase ao “modelo Vigo” de aplicar a excelencia en todos os seus ámbitos e proxectos.

Este anuncio foi recibido con críticas por parte do BNG, que lembrou que a Medalla de Ouro de Vigo decídese por parte do Pleno e non debe ser o alcalde quen a outorga “sen diálogo e sen o máis mínimo consenso”. Así, cuestionou os motivos para entregar esta Medalla a Povisa, que “fai negocio coa saúde dos vigueses”, cidadáns que ven obrigados a telo como hospital de referencia por “as políticas de privatización da Xunta”.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...