InicioSociedadeAs Anpas reclaman ao Concello que cubra as prazas de conserxes en...

As Anpas reclaman ao Concello que cubra as prazas de conserxes en colexios

FOANPAS convocou este luns unha nova concentración de protesta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Anpas de Vigo, FOANPAS, convocou este luns unha nova concentración de protesta, fronte ao Concello, para reclamar ao goberno municipal que cubra as prazas de conserxes nos colexios públicos da cidade.

A Federación vén denunciando desde hai meses a intención do Concello de “privatizar” o servizo de conserjería, e sinalou que “faltan” conserxes nos centros de infantil e primaria. Respecto diso, insistiron en que estas persoas non se limitan a abrir e pechar as portas dos colexios, senón que forman parte da comunidade educativa.

A súa falta “supón un grave prexuízo” para estes centros e afecta “moi negativamente” ao seu mantemento e funcionamento diario. Se se privatiza o servizo, incidiron, minguará a calidade do mesmo. Así mesmo, o grupo municipal do BNG pediu ao alcalde, Abel Caballero, que “rectifique” a súa decisión de privatizar o servizo de consellería e que escoite “o clamor” da comunidade educativa, que se opón a esa decisión.

Segundo explicou o portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Iglesias, que participou na concentración, a día de hoxe 28 dun total de 49 colexios non contan con persoal de vixilancia e portaría, a pesar de ser un servizo “esencial”. “Como é posible que un concello con máis de 400 millóns de orzamentos non poida garantir que todos os colexios teñan conserxe?”, cuestionou o edil do BNG.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...