InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero anuncia que a humanización da Avenida de Samil comezará a...

Abel Caballero anuncia que a humanización da Avenida de Samil comezará a “finais de xaneiro”

Segundo o alcalde, a xunta de goberno local aprobará este venres a adxudicación das obras para a humanización da vía nun tramo de 450 metros entre o extremo da praia de la Fuente e a zona da pista de patinaxe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fase I da humanización da Avenida de Samil comezará a finais do próximo mes de xaneiro e suporá un investimento de 1,8 millóns de euros, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero.

A pesar de que en marzo deste ano o rexedor asegurou que as obras comezarían “a finais de setembro”, agora marcou como data de inicio finais de xaneiro. Este atraso, de cumprirse as palabras de Caballero nesta ocasión, fará que os traballos coincidan coa tempada de praia, xa que teñen unha duración prevista de nove meses para a súa execución.

Segundo o alcalde, a xunta de goberno local aprobará este venres a adxudicación das obras para a humanización da vía nun tramo de 450 metros entre o extremo da praia de la Fuente e a zona da pista de patinaxe. O investimento ascenderá a 1,8 millóns de euros.

Pola súa banda, o Goberno central investirá máis 2,1 millóns de euros na recuperación da praia e no novo paseo no mesmo tramo. “Imos recuperar de forma extraordinaria a praia de Samil, con máis areal, máis paseo, máis aparcadoiro, máis humanización e mellores condicións”, concluíu Abel Caballero nun audio enviado aos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...