InicioSociedadeO goberno de Vigo nega "colas quilométricas" polo Nadal

O goberno de Vigo nega “colas quilométricas” polo Nadal

Asegurou que existe un plan de autoprotección e un plan de mobilidade para a campaña, "coordinado e abordado" con Policía Local, Policía Nacional, bombeiros, e outros servizos de emerxencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo saíu este martes ao paso das declaracións de veciños do centro e de membros dos servizos de Emerxencia, que alertaron da “falta de planificación” para previr a masificación e o colapso do tráfico, e asegurou que existe un plan de autoprotección e un plan de mobilidade para a campaña do Nadal, “coordinado e abordado” con Policía Local, Policía Nacional, bombeiros, e outros servizos de emerxencias.

Así o trasladou o portavoz do goberno vigués, Carlos López Font, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, nas que matizou que as persoas que compareceron xunto á asociación de veciños Zona Centro (un sarxento de bombeiros, o vicepresidente da Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e un membro do sindicato policial Jupol) “non representan a ninguén”. “É un movemento político de que quen perderon as eleccións e non soportan que á cidade lle vaia ben”, subliñou.

Segundo insistiu López Font, o Concello “cumpre escrupulosamente” todo o operativo de seguridade, “hai corredores de seguridade que funcionan”, e estase “resolvendo a cuestión (da gran afluencia de xente) satisfactoriamente”. “Fomos capaces de facer fronte á chegada de centos de miles de persoas coa profesionalidade de Policía Nacional e Local, bombeiros, voluntarios e ambulancias(…), en moitas cidades hai colas quilométricas en operacións de retorno masivo, aquí non, fomos capaces de reconducir aos visitantes”, proclamou o concelleiro socialista.

Por outra banda, o portavoz do goberno local lembrou que a única sentenza que existe sobre as denuncias por ruídos e molestias causados polos actos do Nadal é favorable ao Concello (aínda que foi recorrida polos veciños de Zona Centro e pola Fiscalía). Respecto diso, volveu a afirmar que, detrás desta asociación veciñal e das denuncias e queixas “están Rueda e o BNG, nunha acción contra Vigo sen precedentes”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...