InicioVigo e contornaVigoA Xunta apura ao novo ministro de Cultura para axilizar o proxecto...

A Xunta apura ao novo ministro de Cultura para axilizar o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

PUBLICADO O

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, trasladou ao novo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, a “preocupación” da Xunta de Galicia polos atrasos de varios proxectos prioritarios para a Comunidade, entre os que se inclúe a Biblioteca do Estado en Vigo.

“Esperamos que nesta nova etapa podamos axilizar e concretar estes investimentos e outras que afectan os nosos bens culturais e patrimoniais”, reivindicou Rodríguez, lamentando que despois de cinco ministros de Cultura esta infraestrutura continúe “paralizada”.

Segundo el, trátase dunha iniciativa coa que o Goberno galego “está comprometida”, pero “ningún dos ministros foi capaz de avanzar” na mesma. Tal como recolle o Executivo autonómico nun comunicado, xa en 2020 a Xunta trasladou un proxecto de 8.000 metros cadrados, “que o Ministerio de Cultura e o Concello de Vigo quixo rebaixar a 4.500 metros”.

“Esta superficie foi considerada insuficiente polo Goberno galego, que o trasladou ás outras administracións. Finalmente, hai un mes, aceptouse a proposta que permite unha biblioteca acorde ás necesidades de Vigo”, reivindicou o departamento que dirixe Román Rodríguez.

ÚLTIMAS

Encontran o cadáver desmembrado dunha muller dentro dunha maleta nun solar de Vigo

Un home achou na tarde deste xoves un cadáver en avanzado estado de descomposición,...

Dúas persoas trasladadas ao hospital por un incendio nun edificio en Nigrán

Dúas persoas foron trasladadas, unha delas con queimaduras, tras producirse un incendio, que se...

A xestora do PP de Vigo promete unha “transición modélica” cun partido “unido”

A xunta xestora que asumirá as rendas do PP de Vigo tras a renuncia...

A Xunta destinará 1,8 millóns de fondos europeos facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico

Case dous millóns a facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico no Camiño...