InicioSociedadeUnha ducia de concellos da área de Vigo e a Xunta acordan...

Unha ducia de concellos da área de Vigo e a Xunta acordan prorrogar dous anos o plan de transporte metropolitano, o que non inclúe á urbe de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia e 12 municipios da área de Vigo acordaron este luns prorrogar por dous anos o Plan de Transporte Metropolitano, que contará cun investimento do goberno autonómico de 2,4 millóns de euros para este período. Así se resolveu na reunión da comisión de seguimento deste plan, que se celebrou en Vigo, e na que se fixo balance do funcionamento deste sistema de transporte desde a súa posta en marcha, en abril de 2015.

Os municipios que que participan no convenio deste plan son Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior. A Xunta achegará 1,2 millóns de euros cada ano para financiar os descontos do 80 % nos billetes interurbanos, ademais do desconto do 100 % nos transbordos (que son gratuítos); e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes (do 15 %) e familias numerosas (de ata o 50 %).

Pola súa banda, os municipios que forman parte da área de transporte metropolitano, entre os que non está a cidade de Vigo, que rexeita incorporarse, achegan 280.000 euros ao ano. Entre 2016 e 2023 o número de viaxes realizadas na área aumentou un 30 % e espérase pechar 2023 con máis de 3,4 millóns de viaxes realizadas (un 23,29 % máis que en 2022).

Ademais dos buses interurbanos, o número de viaxeiros do transporte de ría, nos corredores marítimos de Cangas e Moaña, tamén creceu nos últimos anos, e prevese un aumento medio do 26,5 % ao peche de 2023. Segundo recalcou a Xunta, máis de 80.000 veciños destes municipios benefícianse dos descontos da Tarxeta de mobilidade de Galicia (úsana un 75 % dos usuarios), e conseguen aforros que roldan os 1.000 euros ao ano.

A este cartón súmase a Tarxeta Xente Nova, que permite a máis de 29.500 mozos de menos de 21 anos viaxar gratis en bus ou barco nesta área; así como viaxar gratis por toda Galicia nalgunha das 3.555 liñas de bus de titularidade autonómica. A gratuidade do transporte público estenderase a partir do 1 de xaneiro de 2024 aos maiores de 65 anos, tal e como anunciou o goberno galego, unha medida para a que se reserva unha partida de 5 millóns de euros nos orzamentos autonómicos do ano que vén.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...