InicioSociedadeO Goberno de Vigo levará a pleno o pago de 330.000 euros...

O Goberno de Vigo levará a pleno o pago de 330.000 euros aos comerciantes do Mercado de Progreso

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o marzo pasado, emitiu unha sentenza que lle condena a abonar esa cantidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo iniciou a tramitación do expediente para aprobar unha modificación de crédito por valor de algo máis de 330.000 euros, para dar cumprimento a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de marzo pasado, que lle condena a abonar esa cantidade á Asociación Profesional de Empresarios Autónomos do Mercado do Progreso, por obras realizadas nesas instalacións municipais.

A resolución xudicial confirma unha sentenza de instancia e establece que o Concello debe resarcir a estes comerciantes por unhas obras de acondicionamento dos postos, reforzo estrutural do Mercado, reforma dunha sala técnica, e instalación de frío e xeo, uns traballos que “exceden a consideración de ser obras de mera conservación, mantemento ou reparación dos postos”.

Así mesmo, entre outras consideracións, o TSXG sinala que as obras realizadas, “que foron necesarias para o contrato (de concesión e explotación do Mercado) puidese comezar o seu andandura e cumprise así a súa finalidade”, van reverter a favor do Concello cando finalice o período de concesión, de 25 anos. “Polo que é xusto que o ente local peche co seu importe, pois en caso contrario estar a enriquecer inxustamente á conta da parte apelada”, reza a sentenza.

Finalmente, lembra o alto tribunal galego, que as obras en cuestión foron planificadas polo Concello nun proxecto de 2010 pero que, progresivamente, “polas razóns que fosen”, fóronse detraendo nos sucesivos proxectos posteriores, “véndose abocada a Asociación entón a soportalas para levar a efecto a concesión do Mercado do Progreso de Vigo”.

Para dar cumprimento a esta sentenza, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 10 de novembro, nunha reunión extraordinaria e urxente, o expediente de modificación de crédito para pagar eses 330.000 euros.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...