InicioSucesosDetido un home en Vigo por agredir a outro home na cabeza...

Detido un home en Vigo por agredir a outro home na cabeza e na cara

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home, W.S.C., de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito de lesións, tras golpear a outro, causándolle feridas na cabeza e o nariz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home, W.S.C., de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito de lesións, tras golpear a outro, causándolle feridas na cabeza e o nariz. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá deste domingo, cando unha dotación acudiu á confluencia das rúas García Barbón e Heraclio Botana, alertada por unha pelexa entre dous homes.

Ao chegar ao lugar, os axentes observaron a un home co torso espido, sangrando pola cara e a cabeza, e en estado de embriaguez. Unha testemuña informou os axentes que o home acaba de ser agredido por outro home, que se atopaba nas inmediacións. Os policías identificaron ao suposto autor dos feitos, que presentaba sangue no seu sudadera e no pantalón, e ao ser preguntado, este recoñeceu que se pelexou co outro home tras unha discusión. Dada a entidade das lesións, que obrigaron a trasladar á vítima ao hospital Álvaro Cunqueiro), os axentes procederon á detención do presunto agresor, por un suposto delito de lesións.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...