InicioVal MiñorNigránA Xunta declara iniciativa prioritaria o centro de investigación de mobilidade de...

A Xunta declara iniciativa prioritaria o centro de investigación de mobilidade de Borgwarner en Nigrán

A imposición desta condición para o proxecto da multinacional do automóbil, que xa dispoñen outras 21 iniciativas empresariais e que implica a axilización de trámites administrativos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro de investigación sobre mobilidade e vehículos eléctricos que a compañía estadounidense Borgwarner planea levar a cabo en Nigrán foi declarada como iniciativa empresarial prioritaria para Galicia.

A imposición desta condición para o proxecto da multinacional do automóbil, que xa dispoñen outras 21 iniciativas empresariais e que implica a axilización de trámites administrativos a nivel autonómico, foi acordada no Consello da Xunta deste xoves.

En conreto, Borgwarner planea pór en marcha en Nigrán a través dun investimento de 12 millóns de euros (5 deles de axudas da Xunta) un centro de investigación sobre electrónica e solucións de xestión térmica para vehículos eléctricos que aspira a converterse nunha planta piloto para testar novas tecnoloxías.

Por outra banda, o Consello da Xunta tamén deu luz verde a un convenio por 290.000 euros entre a Axencia Galega de Innovación e o Clúster Saúde de Galicia para dinamizar o sector da biotecnoloxía en Galicia, que conta con 160 compañías que facturan 1.296 millóns anuais e dan traballo a 5.6000 persoas.

O obxectivo, segundo explicou a Xunta, é situar á Comunidade galega como un “polo de referencia no sector” a través dun plan de actividades para promover a transferencia de coñecemento e novos servizos.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...