InicioVigo e contornaVigoBNG de Vigo denuncia que non lle dan acceso ao PXOM e...

BNG de Vigo denuncia que non lle dan acceso ao PXOM e cualifica de “mafiosa” a actidude do alcalde

O portavoz do grupo municipal, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que a concelleira de Urbanismo, María José Caride, "ten que deixar de tratar o novo Plan Xeral coma se fose un negociado familiar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denunciou este martes que aínda non tivo acceso ao documento da novo PXOM, a pesar de “superar case tres veces o prazo legal” para entregalo, desde a solicitude realizada o pasado 31 de outubro e criticou a actitude “mafiosa” do alcalde, Abel Caballero, con ese documento.

O portavoz do grupo municipal, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que a concelleira de Urbanismo do goberno vigués, María José Caride, “ten que deixar de tratar o novo Plan Xeral coma se fose un negociado familiar”, e engadiu que non atender á petición do BNG “supón vulnerar os dereitos fundamentais de representantes electos”, xa que a propia normativa municipal recolle a obrigación do goberno local de facilitar o acceso á documentación.

Segundo lembrou, o documento de aprobación provisional contén as propostas de ditame das máis de 4.000 alegacións presentadas ao documento urbanístico. “Que ten que escondar o goberno de Caballero? Que é o que non quere que o BNG poida coñecer?Por que tanto esforzo por ocultar ese documento?”, volveu a cuestionar Pérez Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista proclamou que “xa está ben de escurantismo” e pediu “pór luz e taquígrafos” no urbanismo vigués. “Urxe a máxima transparencia para acabar cos abusos e a barra libre que levamos padecendo xa demasiados anos”, reclamou Xabier Pérez Igrexas, que puxo como exemplos o “pelotazo” dos chalés de Cabo Estai ou as “licenzas outorgadas ilegalmente durante o período de suspensión automática”.

Non lle imos a consentir nin á señora Caride nin a Abel Caballero que impoñan unha censura autoritaria e antidemocrática en relación co Plan Xeral, co que se quere definir o modelo de cidade para os próximos 15 anos”, concluíu o portavoz do BNG.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...